RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo regresa esta mesma noite e adestra mañá en Abegondo

Nada máis finalizar o partido de Copa do Rei en Mendizorroza fronte ao Alavés, o Deportivo emprende viaxe de regreso á Coruña, en voo chárter, segundo este plan de viaxe:

22:30: Saída do Aeroporto de Vitoria con destino ao Aeroporto da Coruña
23:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Gaizka Garitano citou os seus futbolistas mañá xoves 12 de xaneiro ás 11:00 horas en Abegondo para unha nova sesión de adestramento, coa mente posta na visita do Villarreal a Riazor, prevista para este sábado 14 de xaneiro ás 20:45 (Bein Sports).