RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O derbi galego xuvenil, partido estrela esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O primeiro derbi galego da temporada, que protagonizarán este domingo 12 de novembro (12:00 horas) en Abegondo o Xuvenil A de Rubén Coméndez e o Celta A de División de Honra, é o partido estrela desta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva branquiazul. Para o público, a entrada custa 3 euros. O encontro será retransmitido en directo por Gol.

En Segunda División B, o Fabril de Gustavo Munúa visita este domingo (12:00 horas) á Unión Adarve madrileño. O filial deportivista é segundo na táboa a 2 puntos do líder Fuenlabrada.

O sábado xogan en Abegondo o Xuvenil B (12:30) e Cadete A (11:00), en dobre duelo contra o Victoria.

E fóra de casa farano o Deportivo ABANCA B (en O Val), Infantil A (en Carballo), e os dous equipos benxamíns (na Torre).

Para o domingo, ademais do Xuvenil A e Fabril, compiten o Cadete B (12:15) en Carballo e o Alevín B (12:00) na Torre.

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín A.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
14ª xornada: UNIÓN ADARVE - FABRIL, o domingo 12 de novembro ás 12:00 no campo Vicente del Bosque (Madrid)
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 30 puntos; 2. Fabril, 28 puntos; 3. Rayo Majadahonda e Celta B, 24 puntos...

Categoría feminina
10ª xornada: O VAL - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 11 de novembro ás 16:30 no campo de Sinde (O Val)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 27 puntos; 2. Atlético Arousana, 25 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 19 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 18 puntos; 5. Mos e Umia, 17 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: XUVENIL A - CELTA A, o domingo 12 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 26 puntos; 2. Celta, 25 puntos; 3. Roces, 24 puntos; 4. Xuvenil A, 21 puntos; 5. Oviedo, 20 puntos...

11ª xornada: XUVENIL B - VICTORIA, o sábado 11 de novembro ás 12:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Celta B e Victoria, 25 puntos; 4. Racing de Ferrol, 18 puntos; 5. Xuvenil B, 17 puntos; 6. Choco, Pabellón e Santa Mariña, 16 puntos...

Categoría cadete
11ª xornada: CADETE A - VICTORIA, o sábado 11 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 30 puntos; 2. Cadete A, 23 puntos; 3. Pontevedra, 21 puntos...

11ª xornada: BERGANTIÑOS B - CADETE B, o domingo 12 de novembro ás 12:00 nas Eiroas
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 2. San Tirso, 28 puntos; 3. Xuventude de Oroso e Cadete B, 20 puntos; 5. Viveiro A, 19 puntos; 6. Escola Estrada Fútbol Base, 18 puntos...

Categoría infantil
11ª xornada: BERGANTIÑOS - INFANTIL A, o sábado 11 de novembro ás 16:15 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 28 puntos; 2. Calasanz, 26 puntos...

13ª xornada: COMPAÑÍA DE MARÍA - INFANTIL B, o domingo 12 de novembro ás 12:30 en Elviña pequeno (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 30 puntos; 2. Orillamar, 29 puntos; 3. Sporting Cambre e Ural B, 24 puntos...

Categoría alevín
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín A e Calasanz A, 12 puntos; 3. Orillamar A (un partido menos), 6 puntos...

5ª xornada: ORZÁN A - ALEVÍN B, o domingo 12 de novembro ás 12:00 en La Torre
Clasificación de Segunda, grupo 1º: 1. Alevín B, 7 puntos; 2. Ural B, 6 puntos...

Categoría benxamín
5ª xornada: ATLÉTICO LOS CASTROS - BENXAMÍN A, o sábado 11 de novembro ás 13:00 naTorre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Benxamín A, 12 puntos; 2. Calasanz A, 9 puntos; 3. Ordes A, 8 puntos...

5ª xornada: BENXAMÍN B - CALASANZ C, o sábado 11 de novembro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Calasanz C, 10 puntos; 2. Benxamín B (un partido menos), Luis Calvo C, Paiosaco H. Añón e Victoria C, 9 puntos; 6. Santa Cruz B, Atlético Arteixo C, Sporting Burgo B e Imperátor C, 6 puntos...