RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril abre a temporada cun empate sen goles en Abegondo

O Fabril arrincou esta tarde a 3ª RFEF en Abegondo contra o Racing Villalbés, rival en pretemporada tanto do primeiro equipo como do filial branquiazul, neste caso nun amigable que caeu ao lado fabrilista (1-0) grazas a un tanto de Davo de penalti.

Este primeiro partido ligueiro do Fabril acabou en táboas (0-0), cos dous equipos coa pólvora mollada e cun cadro lucense que se presentou en Abegondo coa lección aprendida.

A mellor oportunidade do partido foi para Yeremay. O canteirán foi de viaxe co primeiro equipo a Calahorra, aínda que ao final non tivo minutos. Hoxe púxose a disposición de Óscar Gilsanz, aínda que é un futbolista que se adestra diariamente co Dépor de Borja Jiménez. Yeremay puido anotar no minuto 20, pero o seu disparo na falta resultante á expulsión do visitante Diego López acabou estrelándose no pau.

A partir de aí o Racing Villalbés defendeuse con orde e puido amarrar un punto en Abegondo que sabe a vitoria, tal e como se lle puxo o partido.

Fabril: Alberto; Iván Guerrero, Dani Barcia, David Suárez, Juan Rodríguez, Brais Val, Fabio, Víctor, Nájera, Davo e Yeremay. Tamén xogaron: Mella, Runy, Juan Cambón e Javi Sanmartín.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao CF Noia.