RCD / NOVAS

O Fabril estréase esta temporada en Abegondo este domingo 1 de setembro ás 12:00 ante o Ourense CF

28/08/2019 12:25

Tralo empate (0-0) colleitado o pasado domingo en Redondela ante o CD Choco, o Fabril estréase esta temporada en Abegondo este domingo 1 de setembro ás 12:00 ante o Ourense CF.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

O Fabril é o único equipo de #ANOSACANTEIRA con competición oficial esta semana.