RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín supera ao ED Luis Calvo Sanz en semifinais e pasa á final do Torneo Delegación

O Fabril FC Benxamín superou en Abegondo nunha das semifinais do Torneo Delegación ao ED Luis Calvo Sanz e pasou á gran final, que xogará ante o vencedor do partido entre Orillamar SD A e Victoria CF.

O partido ante os carballeses acabou en igualada (2-2), con goles de Leo Lorenzo e Alberto Novo; e os fabrilistas foron máis certeiros na quenda de penaltis: 8-7.

Fabril FC Benxamín: Antar Teijeiro, Andrés Valencia, Diego Castelo, Álex Casado, Alberto Novo, Breogán Díaz, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o. Tamén xogaron: Samuel Rodríguez, Yago Prieto e Mateo Cardelle.

O equipo de Alberto Bonigno accedeu a esta semifinal como campión do subgrupo C3 do Torneo Delegación.