De novo o Fabril e o Xuvenil A centraron a atención da fin de semana en ANOSACANTEIRA.
Este mediodía, o Xuvenil A volveu vencer ao CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR, esta vez por 2-1. Os cuartos de final estaban encarrilados a favor dos deportivistas co 0-6 da ida.
Desta maneira, o equipo de Miguel Figueira certifica o pase á Final Four de Ponferrada, co que ANOSACANTEIRA xa está entre as 4 mellores canteiras xuvenís de España, que esta temporada, ademais da branquiazul, están integradas pola do Real Madrid CF, Real Betis e Valencia CF.
Onte sábado 17 o Fabril perdeu por 3-1 co UCAM Murcia CF no partido de volta da primeira eliminatoria de ascenso a Primera Federación.
A ida, disputada en ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, acabou en empate sen goles; co que os fabrilistas quedan apeados.
En canto ao resto de categorías, onte sábado 17 o Xuvenil B goleou en Abegondo ao Victoria CF por 8-0. Os branquiazuis lideran a liga Nacional con 1 punto de vantaxe sobre o RC Celta B a falta de 2 partidos.
Tiveron descanso os cadetes e infantís, cuxos partidos correspondentes a esta xornada xa os disputaron con anterioridade.
Pola súa banda, os infantís branquiazuis Hugo Ferreirós, Antón Vilariño, Thiago Montes e Adrián Fernández; ademais de Iván Gil e Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil estiveron coa selección galega sub-14 esta fin de semana en Madrid e foron campións da Fase de Plata do Campionato en España.
A esta mesma competición acudiron con Galicia sub-16 os cadetes deportivistas Ramón Blanco, Samba Wade, Ander Salazar e Gael Irimia; con Raúl Lema, Nikokay Dyulguerov, Roi Castro e Sergio Cortizo, do San Tirso SD Cadete. Hoxe foron subcampións da Fase de Plata ao caer ante Aragón.
Finalmente nas Eiroas (Carballo), o Alevín A, o Benxamín A (na foto entre o texto) e o Fabril FC Benxamín (na foto inferior) disputaron a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8. Os 3 equipos pasaron á Fase Final que se xogará en Vilalba.
Os resultados foron os seguintes:
Play off de ascenso a Primera Federación
Primeira eliminatoria, volta: UCAM MURCIA CF 3 - FABRIL 1 (Kevin). Na ida: 0-0
Categoría xuvenil
Cuartos de final da Copa de Campións, volta: XUVENIL A 2 (Rubén e José Rey) - CD TENERIFE 1. Na ida: 0-6
Liga Nacional, 32ª xornada: XUVENIL B 8 (Balbas, Miguel de Labra -2-, Xian, David Mosquera, Abel, Nico Martínez e un futbolista rival en propia meta) - VICTORIA CF 0
Categoría cadete
Amigable: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Daniel, Jose Quiroga e Miguel Roade) - CD CALASANZ (xuvenil) 4
Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
CD LUGO 0 - ALEVÍN A 3 (Nacho Villanueva -2- e Miguel Candal)
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-) - URAL ESPAÑOL CF 3
RACING VILLALBÉS 2 - ALEVÍN A 6 (Nacho Villanueva -2-, Nico Rodríguez-Ponce, Xiao Fontao, Miguel Candal e Hugo Álvarez)
CD CONXO SANTIAGO 0 - ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Hugo Álvarez)
Semifinal
ALEVÍN 5 (Hugo Álvarez -2-, Xiao Fontao, Hugo Quintela e Miguel Candal) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
AD RIO OURO 1 - BENXAMÍN A 5 (Nico Castro, Leo Galbán, Pablo Gómez, Pablo Couso e Joel Losada)
BENXAMÍN A 2 (Nico Castro e Martín Coronel) - FABRIL FC BENXAMÍN 0
BERTAMIRÁNS FC 1 - BENXAMÍN A 9 (Joel Losada -3-, Leo Galbán -2-, Pablo Gómez -2-, César Leira e Marco Dios)
XALLAS FC 0 - BENXAMÍN A 9 (Nico Castro -4-, Martín Coronel -3-, Pablo Gómez e Leo Barro)
Semifinais
BENXAMÍN A 4 (Pablo Gómez, Martín Martelo, Nico Castro e Gael Fernández) - EF LALÍN 0
Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Tomás Sánchez, Nico Mariño e Hugo Cancela) - XALLAS FC 0
BENXAMÍN A 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
AD RIO OURO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Tomás Sánchez e Ian Lata)
BERTAMIRÁNS FC 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Xosé Varela -2-)
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 0. A penaltis: 2-1