RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Un único partido en ANOSACANTEIRA feminina, a visita do Dépor ABANCA B ao Olímpico de León este sábado 14 ás 16:00

Un único partido xógase esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

Este sábado 14 de marzo ás 16:00 o Dépor ABANCA B visita ao Olímpico de León.

Será o segundo partido consecutivo do filial lonxe do Dépor Training Center despois do valioso empate cultivado en Lezama a pasada fin de semana ante o líder, o Athletic Club B.

As Nosas ocupan a 11ª posición con 21 puntos por 17 as leonesas na 12ª posición.

É baixa Michi Apóstol, que sufriu no transcurso dun adestramento coa selección venezolana unha fractura de clavícula. A canteirá foi intervida cirurxicamente con éxito no Hospital Quirónsalud A Coruña.

Teñen descanso o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación, o Orzán SD Xuvenil en Primera Autonómica e o Orzán SD Cadete na Liga Galega.

Así mesmo concluíron a primeira fase da temporada os dous equipos infantís.

O A acabou á fronte do grupo 1º con 43 puntos os mesmos que o Racing de Ferrol (2º clasificado). As orzanistas gañaron 14 partidos, empataron 1 e perderon 1; con 122 goles marcados e 9 anotados.

Pola súa banda, o Orzán SD Infantil B concluíu en 4ª posición do grupo 2º con 29 puntos, após 8 partidos gañados, 5 empatados e 5 perdidos; e 30 goles a favor por 24 en contra.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
21ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 14 de marzo ás 16:00 no Estadio Olímpico de León
Clasificación: 9. Madrid CFF B e Atlético de Madrid C, 24 puntos; 11. Dépor ABANCA B, 21 puntos; 12. Olímpico de León, 17 puntos...

Tercera Federación
Clasificación: 8. Tomiño FC Feminino, 22 puntos; 9. Orzán SD Sub-21, 21 puntos; 10. SD O Val, 13 puntos...

Primera Autonómica
Clasificación: ... 11. Sporting Cambre e UD Carral, 20 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 16 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...

Liga Galega cadete
Clasificación: 1. Victoria CF, 49 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 44 puntos; 3. SCD Milagrosa (un partido menos), 42 puntos...

Liga Galega infantil
Clasificación final do Grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A e Racing de Ferrol, 43 puntos; 3. Victoria CF, 39 puntos...

Clasificación final do Grupo 2º: ... 3. Bergantiños CF, 38 puntos; 4. Orzán SD Infantil B, 29 puntos; 5. UD Cerqueda, 26 puntos...