Un exercicio táctico e un repaso ás accións a balón parado foron as tarefas principais do Dépor este xoves 12 no campo 2 do Dépor Training Center.
En rolda de prensa, Miguel Loureiro asegura que Os Nosos están "a mirar cara a adiante, pensando xa no AD Ceuta FC", rival este sábado 14 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Alfonso Murube.
O central deportivista pensa que o equipo está "ante unha nova oportunidade para volver recuperar esa confianza, para recuperar esas boas sensacións do equipo".
Unha activación con rondos e unha tarefa de finalizacións completaron a xornada após pasar pola sala de vídeo.
"Estamos a traballar nas ideas que queremos plasmar o sábado", subliña Miguel Loureiro.
Yeremay e Mella están con traballo personalizado; mentres que Bil, Noe e Mane foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
O defensor branquiazul advirte do canario que "cada vez está a facer máis cousas. Segue os prazos que lle marca o Club. Queremos contar con el canto antes, a importancia que ten Yere. Desexámoslle que estea connosco canto antes porque o necesitamos".
Este venres 13 de marzo, o Dépor adianta o adestramento no Dépor Training Center, que arrincará ás 10:00 en lugar da as 10:30 posto que ao concluír o equipo viaxará a Ceuta nun avión directo do Aeroporto da Coruña a Tetuán.
