
DÉPOR · 11 MARZO 2026
MARIO SORIANO ADMITE QUE "CANDO OS EQUIPOS SE ENCERRAN MÁIS NOS ESTÁ CUSTANDO" PERO APUNTA QUE "SEGUIMOS AÍ ARRIBA CON TODOS"
Mario Soriano manifestou após recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de febreiro estar "contento por como se está dando a temporada, por como estamos a pesar do último partido contra o Granada CF".Recalca que "seguimos na loita, aí arriba, a 3 puntos do ascenso directo".Vaticina este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Alfonso Murube ante o AD Ceuta FC "un partido complicado porque alí no seu campo perderon poucos puntos". "Trátase de sumar e máis en campos complicados como o de Ceuta. Imos ir a sacar os 3 puntos e logo volver a ABANCA-RIAZOR a volver gañar pero primeiro pensando no AD Ceuta FC, un equipo moi ben traballado que xoga moi ben", engade.Do último partido en ABANCA-RIAZOR Mario Soriano advirte que "cando os equipos se encerran máis nos está custando crear ocasións, iniciar o xogo desde atrás".Cre que os dous goles granadinos "son evitables. Un centro moi afastado que podemos evitar. Hai que mellorar eses pequenos aspectos e eses detalles que están a marcar eses partidos".Insiste en "seguir cara a adiante porque seguimos aí arriba con todos os equipos".Finalmente, Mario Soriano apunta que "en fútbol cada fin de semana hai un exame novo, un partido diferente. Cando o gañas vese todo diferente. Hai que pensar niso".Conclúe que "todos os equipos pasan por xeiras boas, xeiras malas. Hai que traballar. Non queda outra".

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...