
DÉPOR · 11 MARZO 2026
MARIO SORIANO ADMITE QUE "CANDO OS EQUIPOS SE ENCERRAN MÁIS NOS ESTÁ CUSTANDO" PERO APUNTA QUE "SEGUIMOS AÍ ARRIBA CON TODOS"
Mario Soriano manifestou após recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de febreiro estar "contento por como se está dando a temporada, por como estamos a pesar do último partido contra o Granada CF".Recalca que "seguimos na loita, aí arriba, a 3 puntos do ascenso directo".Vaticina este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Alfonso Murube ante o AD Ceuta FC "un partido complicado porque alí no seu campo perderon poucos puntos". "Trátase de sumar e máis en campos complicados como o de Ceuta. Imos ir a sacar os 3 puntos e logo volver a ABANCA-RIAZOR a volver gañar pero primeiro pensando no AD Ceuta FC, un equipo moi ben traballado que xoga moi ben", engade.Do último partido en ABANCA-RIAZOR Mario Soriano advirte que "cando os equipos se encerran máis nos está custando crear ocasións, iniciar o xogo desde atrás".Cre que os dous goles granadinos "son evitables. Un centro moi afastado que podemos evitar. Hai que mellorar eses pequenos aspectos e eses detalles que están a marcar eses partidos".Insiste en "seguir cara a adiante porque seguimos aí arriba con todos os equipos".Finalmente, Mario Soriano apunta que "en fútbol cada fin de semana hai un exame novo, un partido diferente. Cando o gañas vese todo diferente. Hai que pensar niso".Conclúe que "todos os equipos pasan por xeiras boas, xeiras malas. Hai que traballar. Non queda outra".

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...

Espe Pizarro e Uruguai non poden coa potente Colombia