RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado, con derrota do Fabril en Murcia; e calendario deste domingo, co Xuvenil A en ABANCA-RIAZOR

De novo o Fabril e o Xuvenil A centran a atención da fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Hoxe sábado 17 o Fabril perdeu por 3-1 co UCAM Murcia CF no partido de volta da primeira eliminatoria de ascenso a Primera Federación.

A ida, disputada en ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, acabou en empate sen goles; co que os fabrilistas quedan apeados.

Mañá domingo 18, o Xuvenil A recibe ao CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR ás 12:00 (YouTube RC Deportivo).

O pase á Final Four de Ponferrada está encarrilado para os de Miguel Figueira despois dun 0-6 na ida disputada na Cidade Deportiva do CD Tenerife a pasada fin de semana.

O RC Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido.

Poden retirar a súa invitación (gratuíta e obrigatoria) e outra a maiores de acompañante, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

En canto ao resto de categorías, hoxe sábado 17 o Xuvenil B goleou en Abegondo ao Victoria CF por 8-0. Os branquiazuis lideran a Liga Nacional con 1 punto de vantaxe sobre o RC Celta B a falta de 2 partidos.

Teñen descanso os cadetes e infantís, cuxos partidos correspondentes a esta xornada xa os disputaron con anterioridade.

Pola súa banda, os infantís branquiazuis Hugo Ferreirós, Antón Vilariño, Thiago Montes e Adrián Fernández; ademais de Iván Gil e Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil estiveron coa selección galega sub-14 esta fin de semana en Madrid e foron campións da Fase de Plata do Campionato en España.

A esta mesma competición acudiron con Galicia sub-16 os cadetes deportivistas Ramón Blanco, Samba Wade, Ander Salazar e Gael Irimia; con Raúl Lema, Nikokay Dyulguerov, Roi Castro e Sergio Cortizo, do San Tirso SD Cadete. Xogarán mañá domingo a final da Fase de Plata.

Finalmente nas Eiroas (Carballo), o Alevín A (na foto inferior) e os dous equipos benxamíns disputaron a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8. Os 3 equipos pasaron á Fase Final que se xogará en Vilalba.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Play off de ascenso a Primera Federación
Primeira eliminatoria, volta: UCAM MURCIA CF 3 - FABRIL 1 (Kevin). Na ida: 0-0

Categoría xuvenil
Cuartos de final da Copa de Campións, volta: XUVENIL A - CD TENERIFE, mañá domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR. Na ida: 0-6

Liga Nacional, 32ª xornada: XUVENIL B 8 (Balbas, Miguel de Labra -2-, Xian, David Mosquera, Abel, Nico Martínez e un futbolista rival en propia meta) - VICTORIA CF 0

Categoría cadete
Amigable: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Daniel, Jose Quiroga e Miguel Roade) - CD CALASANZ (xuvenil) 4

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
CD LUGO 0 - ALEVÍN A 3 (Nacho Villanueva -2- e Miguel Candal)
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-) - URAL ESPAÑOL CF 3
RACING VILLALBÉS 2 - ALEVÍN A 6 (Nacho Villanueva -2-, Nico Rodríguez-Ponce, Xiao Fontao,  Miguel Candal e Hugo Álvarez)
CD CONXO SANTIAGO 0 - ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Hugo Álvarez)

Semifinal
ALEVÍN 5 (Hugo Álvarez -2-, Xiao Fontao, Hugo Quintela e Miguel Candal) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
AD RIO OURO 1 - BENXAMÍN A 5 (Nico Castro, Leo Galbán, Pablo Gómez, Pablo Couso e Joel Losada)
BENXAMÍN A 2 (Nico Castro e Martín Coronel) - FABRIL FC BENXAMÍN 0
BERTAMIRÁNS FC 1 - BENXAMÍN A 9 (Joel Losada -3-, Leo Galbán -2-, Pablo Gómez -2-, César Leira e Marco Dios)
XALLAS FC 0 - BENXAMÍN A 9 (Nico Castro -4-, Martín Coronel -3-, Pablo Gómez e Leo Barro)

Semifinais
BENXAMÍN A 4 (Pablo Gómez, Martín Martelo, Nico Castro e Gael Fernández) - EF LALÍN 0

Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Tomás Sánchez, Nico Mariño e Hugo Cancela) - XALLAS FC 0
BENXAMÍN A 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
AD RIO OURO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Tomás Sánchez e Ian Lata)
BERTAMIRÁNS FC 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Xosé Varela -2-)

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 0. A penaltis: 2-1