RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril inaugura en Noia o cadro de vitorias

Cimentado nunha gran primeira parte, o Fabril inaugurou o seu cadro de vitorias esta temporada en Terceira RFEF ao imporse ao Noia (0-3) no campo de San Lázaro.
Davo -2- e Yeremay, que onte non chegou a saltar ao terreo de xogo de ABANCA-RIAZOR co Dépor, foron os autores dos goles, todos eles no quince primeiros minutos de encontro.
Todo foron boas noticias na primeira parte en Noia para o Fabril; e até Alberto parou un penalti no desconto.
Na segunda metade, e co partido sentenciado, baixou o ritmo de xogo e apenas houbo ocasións de gol nas dúas porterías.
Con este resultado, o equipo de Óscar Gilsanz suma 4 puntos de 6 posibles.
Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Brais Val, Yeremay, Barba, Ruby, Dani Barcia, Davo e Javi Sanmartín. Tamén xogaron: Mella, Nájera, Cambón, Fabio e Víctor.
A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Viveiro CF. 
Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:
Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)