RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril pechou a pretemporada cun empate en Betanzos

O Fabril concluíu esta tarde a pretemporada cun empate (1-1) no campo García Hermanos ante o Betanzos CF.

Manu Mosquera foi o autor do único tanto fabrilista no devandito partido, no que o técnico Luisito fixo xogar a un total de 19 futbolistas, é dicir, boa parte dos xogadores que tivo á súa disposición desde que arrancou o verán.

Esta vez, na quenda de penaltis que decidía o vencedor da 10 edición do Trofeo Cidade de Betanzos estivo máis certeiro o conxunto local (3-2) que o branquiazul.

Desta forma, o filial deportivista acaba o verán coa conquista da Copa Deputación após 18 anos como principal carta de presentación de cara á liga.

Fabril: Boian, Eimil, Valín, Mujaid, Parga, Kanoute, Javi Sánchez, Youssuff, Edu Taboada, Manu Mosquera e Yevhen Pidlepenets. Tamén xogaron: Bourdal, Villares, Yuste, Jawed Boumeddane, Prendes, Juan Rodríguez, Martí Vilà e Iván Guerrero.

A fin de semana próxima, o Fabril inicia a competición no grupo 1º en Terceira División ante o CD Choco no campo de Santa Mariña (Redondela).

Os resultados do Fabril en pretemporada foron os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanouté e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos): Galicia de Mugardos 0 - Fabril 6 (Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2-)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Bergantiños CF 0 - Fabril 1 (Manu Mosquera)
Sábado 17 de agosto: Trofeo Santa Marta 2019, campo de La Eragudina (Astorga), Atlético Astorga CF 0 - Fabril 0. A penaltis: 3-4
Luns 19 de agosto: Campo García Irmáns (Betanzos), Trofeo Cidade de Betanzos, Betanzos CF 1 - Fabril 1 (Manu Mosquera). A penaltis: 3-2