RCD / NOVAS

O Fabril, primeiro equipo de #ANOSACANTEIRA en retomar os adestramentos após o Nadal

29/12/2019 10:56

O Fabril será o primeiro equipo de #ANOSACANTEIRA en retomar os adestramentos após o parón do Nadal.

O filial deportivista, que o domingo 5 de xaneiro visita a Arousa SC, realizará mañá luns 30 de decembro en Abegondo a súa primeira sesión.

A data de regreso dos diferentes equipos é a seguinte:

Fabril: luns 30 de xaneiro ás 16:30 h.
Deportivo ABANCA B: xoves 2 de xaneiro ás 17:00 h.
Xuvenil A: xoves 2 de xaneiro ás 16:45 h.
Xuvenil B: xoves 2 de xaneiro ás 16:45 h.
Cadete A: xoves 2 de xaneiro ás 16:45 h.
Cadete B: xoves 2 de xaneiro ás 16:45 h.
Infantil A: martes 7 de xaneiro ás 10:30 h.
Infantil B: martes 7 de xaneiro ás 10:30 h.
Alevín A: martes 7 de xaneiro ás 10:30 h.
Alevín B: martes 7 de xaneiro ás 10:30 h.
Benxamín A: martes 7 de xaneiro ás 10:30 h.
Benxamín B: martes 7 de xaneiro ás 10:30 h.