RCD / NOVAS

O Fabril, que xoga mañá en Carballo, enfróntase ao Compostela nun novo amigable o mércores 30 en Abegondo

25/09/2020 17:05

Confirmado o segundo partido amigable do Fabril nesta pretemporada.

Tralo choque de mañá sábado 26 de setembro ás 11:00 no campo das Eiroas de Carballo ante o Bergantiños FC, o conxunto que prepara Juan Carlos Valerón medirase á SD Compostela en Abegondo o mércores 30 de setembro ás 11:30 horas, no segundo test desta pretemporada.

O filial deportivista arrancará a liga no subrupo A de Terceira División o próximo 17 ou 18 de outubro no campo Alcalde Manuel Candocia das Somozas, segundo o sorteo realizado onte nos locais da Federación Galega de Fútbol.