RCD / NOVAS

O Fabril reforza o seu ataque co uruguaio Guillermo May

14/07/2018 11:48

O Fabril reforza a súa dianteira coa chegada do uruguaio Luis Guillermo May Bartesaghi (Montevideo, 11 de marzo de 1998) para as 2 próximas temporadas, con 2 máis opcionais.

O novo ariete do filial, procedente do Club Nacional de Football, decano do fútbol uruguaio, ten pasaporte italiano, polo que non ocupa praza de estranxeiro.