RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A debuta en Roma cunha inxusta derrota ante o Inter

O Infantil A do Deportivo, que compite na liga Galega, debutou esta tarde en Roma cunha inxusta derrota ante o Inter no torneo amigable organizado polo club italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.

Os branquiazuis caeron (1-2), a pesar de ser moi superiores aos seus rivais. Jorge anotou o tanto deportivista.

Infantil A: Brais, Trilli, Álvaro, Iago, Dani, Antón, Fika, Jairo, Jorge, Padín e Novoa. Tamén xogaron: Chucas, Nils, Axel e Noel.

Mañá martes 3 de xaneiro, o próximo rival do Infantil A será a Lazio.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Luns 2 de xaneiro de 2017
INFANTIL A 1 (Jorge) - FC INTER 2

Martes 3 de xaneiro de 2017
19:00: SS LAZIO - INFANTIL A (campo Francesca Gianni)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
15:00: INFANTIL A - MARXINE COPERTA (campo de Candiani)

O primeiro clasificado disputará as semifinais, que se xogarán o xoves 5 de xaneiro.