RCD / NOVAS

O Infantil B conclúe a liga cun triunfo ante o Sporting Coruñés SD

27/04/2019 18:02

O Infantil B deu a volta ao marcador ante o Sporting Coruñés (1-3) nun partido que se puxo costa arriba ao minuto 1 de xogo, co único tanto sportinguista.

Os tantos de Óscar, Daniel e Meki valeron os 3 puntos para un Infantil B xa campión do grupo 1º da Primeira Autonómica desde a pasada xornada.

Co resultado deste encontro correspondente á 34ª xornada, o Infantil B pon o punto final á temporada ligueira cuns números que mostran a súa superioridade: 92 puntos en 30 partidos gañados, 2 empatados e 2 perdidos. Os branquiazuis marcaron 187 goles e encaixaron 36.

A temporada marcha así para o Infantil B que prepara Noni:

Santa María del Mar 3 - Infantil B 6 (Eli, Bruno -2-, Mardones, Óscar e Hodei)
Infantil B 10 (Óscar, Marco Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén) - San Cristóbal 0
Infantil B 5 (Mardones, Martín, Hodei, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Sporting Cambre 1
Victoria B 0 - Infantil B 5 (Marco Baña, Diego, David, Carballo e Miguel)
Infantil B 7 (Diego, Miguel, Oreiro, David Vergara, Hodei, Meki e Rubén) - Once Caballeros 1
Atlético San Pedro 1 - Infantil B 8 (Hodei -3-, Óscar, Álex, Dani, Jairo e un futbolista rival en propia meta)
Infantil B 5 (Miguel, Martín, Mardones, David e Baña) - Atlético Coruña Montañeros B 0
CD Calasanz 0 - Infantil B 3 (Murilo -2- e Álex)
Infantil B 16 (Óscar -2-, Martín -5-, Meki, Carballo -2-, Rubén -2-, Jorge, Murilo, Dani e un futbolista rival en propia meta) - CD Ciudad Jardín 0
Oza Juvenil SD 1 - Infantil B 5 (Carballo -2-, Rubén -2- e David)
Infantil B 2 (Miguel -2-) - Orillamar SD 1
San Tirso SD B 3 - Infantil B 6 (Diego -2-, Martín -2-, Marco Baña e un futbolista rival en propia meta)
Infantil B 5 (Martín -2-, Daniel, Mardones e Hodei) - Ural CF B 2
Órdenes SD 1 - Infantil B 3 (Martín -3-)
Infantil B 4 (Álvaro, Óscar, Martín e Vergara) - Bergantiños CF B 0
Compañía de María 0 - Infantil B 6 (Mardones -3-, Eli -2- e un futbolista rival en propia meta)
Infantil B 10 (Carballo -2-, Martín -2-, Marco Baña -2-, Miguel, Hodei e 2 futbolistas rivais en propia meta) - Sporting Coruñés SD 0
Infantil B 7 (Mardones, Óscar -2-, Hodei, David -2- e Álvaro) - Santa María del Mar 0
SCD San Cristóbal 0 - Infantil B 7 (Óscar -3-, Bruno, Álvaro, Jairo e Hodei)
Sporting Cambre 0 - Infantil B 1 (Carballo)
Infantil B 10 (Mardones -3-, Meki -2-, Marco Baña -2-, Óscar, Murilo e Miguel) - Victoria CF B 0
Once Caballeros CF 1 - Infantil B 6 (Diego -3-, Rubén, Óscar e Daniel)
Infantil B 3 (Martín -2- e Álvaro) - Atlético San Pedro 1
Atlético Coruña Montañeros CF B 1 - Infantil B 2 (Vilela e Óscar)
Infantil B 1 (Murilo) - CD Calasanz B 3
CD Ciudad Jardín 1 - Infantil B 6 (Martín -2-, Carballo -2-, Murilo e Erick)
Infantil B 2 (Meki -2-) - Oza Juvenil SD 2
Orillamar SD 4 - Infantil B 3 (Marco Baña, Meki e Bruno)
Infantil B 3 (Murilo, Meki e Mardones) - San Tirso SD B 0
Ural CF B 3 - Infantil B 3 (Óscar, Martín e Marco Baña)
Infantil B 10 (Martín -4-, Mardones -2-, Marco Baña, Daniel -2- e Óscar) - Órdenes SD 0
Bergantiños CF B 2 - Infantil B 5 (Vilela, Meki, Marco Baña e Martín -2-)
Infantil B 9 (Óscar -3-, Murilo -2-, Marco Baña -3- e Mardones) - Compañía de María 3
Sporting Coruñés SD 1 - Infantil B 3 (Óscar, Daniel e Meki)