RCD / NOVAS

O Infantil finaliza oitavo na Fase de Prata da Wiesmann SHK Cup

12/01/2020 17:45

O Infantil B participou a fin de semana na Wiesmann SHK Cup na localidade alemá de Wermelskirchen.

O conxunto deportivista competiu hoxe na Fase de Prata após disputar onte sábado dúas fases de clasificación. Finalmente, o Infantil B acabou na oitava posición.

Os seus rivais hoxe domingo foron o SV Wacker Burghausen, MSV Duisburg e Rot-Weiss Erfurt.

Os resultados do Infantil B foron os seguintes:

Sábado 11 de xaneiro
Primeira Fase
FORTUNA DÜSSELDORF 3 - INFANTIL B 2 (Marcos e Xenxo)
SV RÖCHLING VÖLKLINGEN 06 0 - INFANTIL B 5 (Marcos, Erick, Christian, Jorge e Xenxo)
INFANTIL B 1 (Jorge) - CAMBRIDGE UNITED FC 7

Segunda Fase
INFANTIL B 2 (Xenxo -2-) - SG ROSENHÖHE OF 3
INFANTIL B 1 (Xenxo) - STOKE CITY 3
INFANTIL B 1 (Erick) - BAYER 04 LEVERKUSEN 4

Domingo 12 de xaneiro
Fase de Prata
INFANTIL B 0 - SV WACKER BURGHAUSEN 1
INFANTIL B 1 (Íker) - MSV DUISBURG 5
INFANTIL B 1 (Álex) - ROT-WEISS ERFURT 6

Partido polo 7º posto
INFANTIL B 2 (Álex e Marcos) - BAYER 04 LEVERKUSEN 5

Para poder competir neste trofeo, o Infantil B adiantou o seu partido de liga do grupo 1º de Primeira Autonómica ante o CD Obreiro (18-0) ao pasado mércores. Os branquiazuis son líderes destacados do grupo.