RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O partido váisenos por un penalti inexistente", asegura Pedro Mosquera

Raúl Albentosa e Pedro Mosquera atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Wanda Metropolitano.

O central deportivista recoñece que "ao final facemos moito traballo. Tiñamos dúas semanas que estiveramos practicando para este partido. Nunha xogada desafortunada váisenos o partido. Non só por esa xogada, porque nós temos ocasións de meter gol e non nos chega".

Admite que este resultado fai dano: "Levamos unha temporada de moito dano todos. Nós que somos os que xogamos temos que ter a cabeza limpa e seguir. Até o final. Está difícil, parvos non somos. Pero nós non imos parar para conseguir o que creo que nos merecemos xa desde fai xornadas. E non o estamos conseguindo".

Insiste en que "estamos a traballar, a parte de física e tácticamente, tamén mentalmente. Atópome ben psicoloxicamente para seguir cara adiante. Pero os golpes dúranche polo menos un día".

Pola súa banda, Pedro Mosquera opina que "xogamos bastante ben, fixemos un gran partido. Xeramos moitas ocasiones pero ao final se nos ha ir o partido por un penalti inexistente".

Conta que esa acción "é un forcexo entre Saúl e eu. Primeiro agárrame a min, logo estamos forcexando. Agárroo un pouco pero insuficiente para pitar penalti".

O capitán deportivista cre que "hoxe o equipo deu a cara, tentou buscar o empate até o final do partido. Tivemos ocasións mesmo para gañar. Se xogamos así imos conseguir bastantes puntos. Pero non podemos vivir de sensacións e temos que conseguir resultados".