O primeiro equipo do RC Deportivo inicia esta mañá as súas vacacións de Nadal, aproveitando que a competición ligueira se reanuda o vindeiro venres 6 de xaneiro, coa visita ao Espanyol de Barcelona (20.45, Bein Sports).
Gaizka Garitano citou todos os seus xogadores de novo en Abegondo o xoves 29 de decembro ás 17.30 horas.
A pesar de se acharen de descanso, cada xogador leva un plan personalizado de adestramento, co obxectivo de regresar en óptimas condicións para reanudar a competición cun exixente mes de xaneiro.
Os futbolistas que levan acumulados menos minutos de xogo en partidos oficiais teñen este plan de traballo:
Xoves 22 de decembro
Descanso
Venres 23 de decembro
Adestramento de 75 minutos de duración con carreira continua, estiramentos, mobilidade articular e flexibilidade; e un exercicio de potencia aeróbica
Sábado 24 de decembro
Adestramento de 60 minutos de duración con estiramentos, carreira continua, exercicio interválico, traballo de potencia aeróbica, velocidade e abdominais
Domingo 25 de decembro
Descanso
Luns 26 de decembro
Adestramento de 60 minutos de duración cun exercicio aeróbico e de forza, traballo de velocidade, resistencia e flexibilidade
Martes 27 de decembro
Adestramento de 45 minutos de duración con estiramentos, carreira continua, mobilidade articular, series de velocidade e, para concluír, un exercicio de potencia anaeróbica
Mércores 28 de decembro
Descanso
Para os futbolistas con máis minutos acumulados en liga, a planificación é a seguinte:
Xoves 22 de decembro
Descanso
Venres 23 de decembro
Adestramento de 60 minutos de duración con carreira, estiramentos, exercicio aeróbico e traballo de ximnasio (abdominais, lumbares, tríceps...)
Sábado 24 de decembro
Descanso
Domingo 25 de decembro
Adestramento de 75 minutos de duración con carreira continua, estiramentos, un exercicio aeróbico e de forza; e, para concluir, series de velocidade
Luns 26 de decembro
Descanso
Martes 27 de decembro
Adestramento de 75 minutos de duración con carreira continua, estiramentos, mobilidade articular e flexibilidade, un exercicio de potencia aeróbica e para concluir, series de velocidade
Mércores 28 de decembro
Descanso
Segunda semana do DéporCampus Cabreiroá 2025 con 500 nenos e nenas entre Abegondo, Caranza, Cee, Colexio Internacional de Eirís e Santa María del Mar
PORTADA
O Dépor ABANCA debuxa un partidazo en Sevilla ante o Betis Féminas e logra a súa segunda vitoria consecutiva
PORTADA

O Dépor ABANCA, após un partido no que "non estivemos ben", cae ante o RCD Espanyol en casa
PORTADA
O Dépor ABANCA gana con solvencia ao Betis e pasa de rolda de Copa de la Reina
PORTADA

128 Deportivistas animarán a vos nosos na Romareda
ACTUALIDADE

10% de desconto e 4 anos de garantía para #ANOSAFORZA en Louzao
#ANOSAFORZA

13 institucións presentes na bancada solidaria do Dépor-Espanyol
ACTUALIDADE

1.036 socios de Marathón Impar e todos os afectados do día do Sporting serán recolocados ante a Granada
PORTADA