RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O próximo día 28 os veteranos do Dépor xogan a favor da Cociña Económica

Un ano máis o Club Deportivo Cristal organiza o partido "por un triunfo contra a fame" que alcanza a súa novena edición. O sábado 28 de 10:00 a 14:00 o campo 1 de San Pedro de Visma acollerá un cuadrangular cuxo principal obxectivo é recoller alimentos para a Cociña Económica da Coruña.

Os veteranos do Dépor participarán como cada ano, xogando contra o equipo organizador e o da Asociación da Prensa da Coruña.

Cada doante de alimentos que supere o 5 kg/l. achegados participará ademais no sorteo dun vale de compra de 30 euros en produtos Oriflame.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, o torneo arrincará ás 10:00 co partido entre os veteranos do RC Deportivo e a Asociación da Prensa.
Ás 11:00 Dépor-Deportivo Cristal, 12:00 Deportivo Cristal-Asociación da Prensa e 13:15 Deportivo Cristal-Pastoriza de fútbol base, configuran un calendario que se pecha ás 14:00 coa entrega de trofeos.