RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo reciclará os tapóns que cada tempada se recollen en Riazor

O RC Deportivo, en colaboración co Grupo Externa (empresa que realiza o control de accesos do estadio de Riazor) comeza a partir de mañá unha campaña de reciclaxe que se estenderá toda a tempada.

Centos de quilos de tapóns de plástico son retirados cada ano atendendo ás prohibicións de acceso do RD 203/2010. Por ese motivo o Club inicia esta campaña de reciclaxe solidaria no interior do Estadio. Unha nova acción que se suma á política ambiental do Club, por exemplo o proxecto Destino Riazor, que reduce a pegada de carbono, minimizando o impacto ambiental que se xera contorna a un partido de fútbol.
 

Os colectores para os tapóns están situados en todas as portas do Estadio e nelas os deportivistas poderán depositar tanto os das botellas que porten no acceso ao estadio e que non poidan introducir ao campo tapadas, como aqueles que ao longo da semana acumulen nos seus domicilios e traballos.
 
Ademais do Grupo Externa outro aliado para esta acción será a Asociación Aspaber, encargados da retirada e traslado dos tapóns. 
 
Esta asociación sen animo de lucro dedica os seus esforzos á atender as necesidades das persoas con discapacidade intelectual da zona de Bergantiños, Costa da Morte e A Coruña, traballando na súa educación e integración na sociedade e defendendo os seus dereitos. Tras anos de experiencia no campo educativo e ocupacional, a asociación creou no ano 2000 Aspaber S.L. Centro Especial de Emprego, unha empresa de economía social que integra no mundo laboral a persoas con discapacidade. Desde esta sociedade, Aspaber presta servizos como a xestión de puntos limpos, limpeza viaria e de edificios públicos, xardinaría ou reparación de mobiliario urbano, entre outros. Grazas a esta iniciativa favoreceron que moitos dos seus usuarios accedesen a un posto de traballo gañando autonomía persoal e facilitando a súa integración na sociedade. Ao mesmo tempo, esta experiencia contribúe a que a sociedade poida percibir a este colectivo sen estigmas ou exclusión, pondo o foco de atención nas persoas e os valores.
 
O Club levará en colaboración con estas entidades un control da cadea de trazabilidad ata o termino da tempada que será publicada seguindo a política de transparencia do Real Club Deportivo.