RCD / NOVAS

O Real Club Deportivo e Diego Seoane alcanzan un acordo para rescindir o contrato do xogador

  O Real Club Deportivo e Diego Seoane asinarán nas próximas horas a documentación que desvincula ao futbolista ourensán do conxunto deportivista. De común acordo, o contrato que uníá o Deportivo e a Seoane será rescindido, polo que o futbolista xa non adestrará no día de hoxe co equipo.

20/07/2015 18:20

Seoane abandona deste xeito a disciplina do Club tras case unha década vinculado ao Dépor, do que chegou procedente do Pavillón de Ourense. O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Diego Seoane a súa achega ao equipo durante todos estes anos na Coruña e desexarlle o mellor na súa carreira deportiva.

Máis novas de: SEOANE

RCD / Noticias Relacionadas