RCD / NOVAS

O Real Club Deportivo amplía o contrato de Sidnei ata 2020

21/12/2016 20:55

Sidnei Rechel dá Silva Júnior (Alegrete, Río Grande do Sur, Brasil, 23 de agosto de 1989) e o Real Club Deportivo pecharon hoxe o acordo polo que o futbolista brasileiro permanecerá na disciplina branquiazul ata o ano 2020.

Desde a súa chegada ao Dépor o 1 de setembro de 2014, Sidnei converteuse nun referente da zaga deportivista, disputando 79 partidos (6.941 minutos) e anotando 1 gol, o pasado 5 de decembro ante a Real Sociedad.

Máis novas de: SIDNEI