RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul recomenda ter "humildade" e "pensar partido a partido"

Quique González, bigoleador esta noite, e Carlos Fernández atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro valisoletano confesou estar "moi feliz" pola súa actuación ante a Granada, pero lembra que isto "acaba de empezar. Humildade ante todo e que nos sirva para o futuro, que esta é a liña".

Quique agradeceu a ovación da bancada: "Estou súper agradecido. Quique está aquí para sumar. A nivel persoal están a facerse goles. Seguirei traballando da mesma maneira para tentar mellorar, sempre sendo moi ambicioso. Estou para sumar e para axudar aos meus compañeiros. O importante é o Dépor, o importante é sumar de 3 en 3. Somos 11 máis os que están no banco, os que están fóra sen convocar. Son moi importantes porque nos adestramentos apertan para tentar xogar. Hai unha competitividade enorme neste cadro. Ninguén se pode relaxar".

Pola súa banda, Carlos Fernández, tamén moi contento a pesar de non marcar, mantén os pés no chan: "Esta categoría é moi longa, moi igualada. Pódense comprobar polos resultados. O Alcorcón gaña 0-2 en Cádiz. É unha categoría moi dura. Cada partido vai ser un mundo. Só hai que pensar semana a semana, partido a partido. Se non pensamos así creo que nos equivocamos".

Alégrase de que os dous partidos no ABANCA-RIAZOR "foron os dous mellores partidos que fixemos. É importante para enganchar á nosa afección, á xente, que tamén llo merece, con 3 partidos seguidos fóra de casa, acabando a bancada... É importante que as sensacións que levan a casa sexan boas, sexan positivas. E sobre todo conseguir puntos, e vitorias. É o que che dá enerxía para tirar cada semana".