RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario esquécese do Real Racing porque "nos preocupamos de nós"

Miku e Mario Soriano atenderon aos medios de comunicación no Estadio Nuevo Matapiñonera.

O dianteiro venezolano márchase coa sensación de que "podiamos gañar. As ocasións máis claras xerámolas nós. Pero se analizamos o contexto global, viñamos de semanas complicadas, eles dunha dinámica positiva. Xogaron a balonazos longos e a aproveitarse diso. Nós a tentar xogar ao fútbol".

Admite que toca "poñerse o mono de traballo pero nestes campos, nestas superficies hai que xogar ese fútbol feo, que non é tan vistoso ou non é o que estamos afeitos. Hai que chocar, saltar, pelexar... O equipo competiu ben e ao final un empate que non nos deixa contentos".

Do liderado, Miku apunta que "somos fieis a nós, ao noso estilo. Sempre estamos pendentes do que nós facemos ben ou facemos mal para buscar a mellora. A liga termina en maio. Aí xa veremos como estamos e que fomos capaces de facer. As nosas enerxías físicas e mentais teñen que estar postas no sábado", con motivo da visita do Racing de Ferrol a ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, Footters).

Pola súa banda, Mario Soriano valora o punto cultivado "neste campo, que é complicado, ante un rival duro. Aínda queda moitísima liga. Sabemos que vai ser difícil pero hai que seguir". "Dámoslle importancia ao momento. Queriamos conseguir os tres. Tentámolo. Tivemos o control do partido durante moitas fases do xogo pero é un punto bo ante un rival duro", engade.

Sobre o partido, opina o atacante madrileño que na primeira parte "tivemos ocasións clarísimas para meter gol. E na segunda parte algunha que outra. Pero non entrou. Agora estamos nesa xeira na que non entran os balóns. Hai que seguir, non baixar a cabeza porque seguro que chegarán os goles".

Do mesmo xeito que Miku, lembra que "queda moitísima liga. Témonos que preocupar de nós. A liga depende de nós mesmos".