RCD / NOVAS

O Xuvenil A inicia a pretemporada mañá martes ás 10:30 en Abegondo

22/07/2019 16:30

O Xuvenil A de División de Honra arranca a pretemporada mañá martes 23 de xullo ás 10:30 en Abegondo.

O corpo técnico estará integrado por Álex Antón, José Manuel Arrojo 'Noni' (segundo adestrador), Fran Varela (preparador físico), Benito Blanco (delegado) e Javier Rodríguez (utilero).

Os futbolistas citados son:

Porteiros: Adrián Pereda Franco e Brais Suárez Corral

Defensas: Pol Bassa Mora, José Alfredo Rodríguez Suárez 'Fito', Pablo Fraga Naveira, Álvaro Pérez Campo 'Trilli' e Roque González Delgado

Centrocampistas: David Añón Puente, Álex Barba Fernández, Manuel Barbeito Gabín, Iván Guerrero Seoane, Víctor Guerra Vázquez, Mario Domínguez Castro, Yeremay Hernández Cuba 'Peke', Gonçalo Albino Batista e Hugo Urdiales García (procedente do Bansander)

Dianteiros: Albert Ramis Luque, Gonçalo Miguel Cordeiro de Oliveira, Paulo Vázquez Díaz (procedente do Victoria CF), Edu Taboada Rial (procedente do CD Conxo) e Carlos Fernández Sanmiguel 'Litos'.

Os partidos de pretemporada xa pechados para o Xuvenil A son os seguintes:

Mércores 7 de agosto: O Monte (San Tirso) 11:00 h, Xuvenil A - Ural Cf
Sábado 10 de agosto: O Monte (San Tirso) 19:00, Xuvenil A - Atlético Coruña Montañeiros CF
Domingo 18 de agosto: Campo do Val (Narón), Torneo Sinde's Cup, co RC Celta, Racing de Ferrol e Selección local
Sábado 24 de agosto: Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), rival por determinar

As demais datas de regreso a Abegondo dos equipos de #ANOSACANTEIRA son as seguintes:

- Fabril: Luns 15 de xullo ás 10:30
- Deportivo ABANCA B (Segunda División Nacional feminina): 1 de agosto ás 19:00
- Xuvenil A (División de Honra): Martes 23 de xullo ás 10:30
- Xuvenil B (Liga Nacional): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete A (División de Honra): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete B (Liga Galega): Luns 5 de agosto ás 10:30
- Infantil A (Liga Galega): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Infantil B (Primeira Autonómica): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Alevín A (Primeira Comarcal): Luns 2 de setembro ás 18:30
- Alevín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín A (Primeira Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30