RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Xuvenil A medirase ao Real Betis nos cuartos de final da Copa de Campións

O Xuvenil A medirase ao Real Betis nos cuartos de final da Copa de Campións, que se xogará a partido único a próxima fin de semana en Sevilla, posto que a bética foi a bóla que saíu en primeiro lugar no sorteo realizado esta tarde nos locais da Federación Española de Fútbol.

Os verdibrancos son os campións do grupo IV da División de Honra con 111 puntos por diante do Granada CF, segundo con 107. En 42 partidos os béticos gañaron 35, empataron 6 e perderon 1. O seu balance goleador é de 113 tantos marcados e 17 encaixados.

Club Atlético de Madrid-RC Celta de Vigo, FC Barcelona-Valencia CF y Athletic Club-UD Las Palmas son os outros enfrontamentos.

Os gañadores accederá á final a catro que se xogará do 1 ao 5 de xuño nunha sede por determinar.

O Xuvenil A defende así o seu título de campión de España ao clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo do sete grupos.

Na última xornada ligueira onte domingo, a 34ª, o Xuvenil A impúxose (2-4) en Cantabria ao Club Bansander, un rival da zona alta e moi fiable no seu campo, e tivo que esperar unha derrota do Granada CF, segundo do grupo IV, ante o CD Tomares, circunstancia que finalmente se produciu (2-1).