RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil A sae vivo de Sevilla e Riazor decidirá o pase a semifinais de Copa do Rei

O Xuvenil A regresa de Sevilla con serias opcións de acceder ás semifinais da Copa do Rei. Caeu (2-1) ante o conxunto hispalense esta mañá e o vindeiro domingo ás 12:00, Riazor ditará sentenza no partido de volta de cuartos de final. Aos branquiazuis bástalles un 1-0 para superar a eliminatoria.

Hoxe, na cidade deportiva do Sevilla, o Xuvenil A saíu ben plantado e logrou adiantarse no marcador, grazas a un gol de Aarón. Apertou o Sevilla, que logrou igualar antes do descanso.

Na segunda metade, o partido seguiu coa mesma tónica, moita igualdade. No entanto, a dous minutos para o final, un golpe de sorte deu vantaxe ao conxunto andaluz de cara ao choque na Coruña.

Xuvenil A: Francis, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Adrián, Kanouté, Pedro, Ortuño e Aarón. Tamén xogaron: Mosquera, Iago Parga, Iago Novo e Sito.

Os resultados do Xuvenil A en esta competición son os seguintes:

Oitavos de final
Ida: Xuvenil A 2 (Pedro e Ortuño) - Osasuna 0
Volta: Osasuna 0 - Xuvenil A 1 (Pedro)

Cuartos de final
Ida: Sevilla 2 - Xuvenil A 1 (Aarón)