O Xuvenil B inicia a Liga Nacional en Abegondo ante o Alondras CF e visita a continuación ao RC Celta B
O XuvenilB comezará o campionato no grupo 1º da Liga Nacional o próximo 7 de setembro en Abegondo ante o Alondras CF; e finalizará a competición o 23 de maio de 2020, tamén na Cidade Deportiva ante o CD Areosa.
A primeira saída do equipo que prepara Jaime Sánchez será o derbi ante o RC Celta B, o 14 de setembro na Madroa. A volta será o 25 de xaneiro en Abegondo (xornada 19).