RCD / NOVAS

Ola John pasa o venres recoñecemento médico co Deportivo

12/01/2017 13:29

Ola John (19 de maio de 1992, Zwedru - Liberia) aterra esta noite ás 22:00 horas (hora aproximada) no Aeroporto da Coruña.

O extremo zurdo, de nacionalidade holandesa, ten previsto pasar recoñecemento cos Servizos Médicos do Deportivo mañá venres ás 9:30 no hospital HM Modelo da Coruña.