RCD / NOVAS

Ortolá novo xogador do #Dépor1819

24/07/2018 20:30

Adrián Ortolá Vañó (Xàbia, 20 de agosto de 1993) converteuse este mediodía en novo xogador do Dépor 2018-2019 cedido por un ano polo Fútbol Club Barcelona con opción de compra para o Deportivo.

O novo porteiro branquiazul iniciou a súa carreira no CD Roda antes de incorporarse á canteira do Vilarreal, da que chegou ao filial do Barça. Ademais de no conxunto blaugrana, tamén militou cedido no Alavés.

Máis novas de: ORTOLÁ