RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Os alumnos do CFEA de Guísamo visitaron as obras da Cidade Deportiva de Abegondo

Os alumnos de xardinaría, paisaxismo e medio rural do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo realizaron unha visita técnica á Cidade Deportiva de Abegondo.

Os estudantes puideron comprobar de primeira man o estado dos traballos e as reformas nos terreos de xogo 1 e 4 que se iniciaron a comezos desta semana.

Ramón Losada, director técnico de xardinaría de Calfensa, e os responsables de mantemento e xardinaría do RC Deportivo complementaron a visita impartindo unha charla técnica.