RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os cartóns de acceso e votación para a Xunta, dispoñibles desde esta tarde en Palexco

Esta tarde e mañá durante todo o día, os accionistas que queiran a acudir á Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña SAD, poden retirar os cartóns de acceso e votación para poder participar nela no lugar de celebración da mesma: o hall de entrada de Palexco. A Xunta está convocada para hoxe ás 19:45 h. en primeira convocatoria e o xoves 1 de decembro, á mesma hora, en segunda.

O horario de retirada de acreditacións é hoxe de 18:00 a 20:00 h. e o xoves 1 de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:45 h. Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

No caso daqueles accionistas que non vaian acudir á Xunta e que desexen delegar no presidente do Consello de Administración, poden enviar por correo esta folla coa Orde do Día e a Delegación de Accións no sobre que se inclúe na documentación remitida aos domicilios, ou ben entregala persoalmente nas oficinas do Club na Praza de Pontevedra e o Estadio de Riazor ou en Palexco.