RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' recibiu en ABANCA-RIAZOR ao CEIP Curros Enríquez e ao CEIP Juana de Vega

Algo máis de medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Curros Enríquez e do CEIP Juana de Vega gozaron na mañá de hoxe dunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', no inigualable marco do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces puideron compartir boa parte da mañá con Misa e Gaby, xogadoras do Deportivo ABANCA, e Tomy Bourdal e Iñigo Reinoso, futbolistas do Fabril.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla sobre a historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo exconselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos catro futbolistas branquiazuis, que contestaron as preguntas dos pequenos, asináronlles postais dedicadas e mesmo algunhas camisetas e bufandas. A xornada finalizou coa foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes rapaces terá continuidade no partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao CD Tenerife, correspondente á 21ª xornada de LaLiga SmartBank, o venres 20 de decembro ás 21:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles.