RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os titulares onte baixaron esta mañá a intensidade do adestramento

Os futbolistas titulares onte ante o Osasuna rebaixaron esta mañá a intensidade do adestramento, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Para o resto, houbo rondos, un exercicio de posesión, un traballo finalizacións e, para concluír, partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Os fabrilistas Óscar e Nacho Monsalve adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá martes, os xogadores están citados ás 17.30 en Abegondo, na sesión previa ao partido de Copa en Riazor ante o Betis, do mércores 21 de decembro ás 21.00 horas.