RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores analizan en zona mixta un partido especial

Remeseiro, Canella, Juan Carlos e Álex analizaron un partido especial por moitos motivos: o debut do primeiro, un encontro con minutos para os menos habituais e co fondo de Maratón Inferior pechado.

Marcos Remeseiro mostrou a súa felicidade: "non mo esperaba. É unha alegria moi grande debutar en competición oficial co primeiro equipo. Estou moi contento. Foi un partido no que merecemos máis, tivemos ocasións para levarnos un mellor resultado para a volta na que tentaremos sacar a eliminatoria"

Pola súa banda Canella analizou así o partido: "fomos ao contraxeito, pero refixémonos ben, levamos o peso do partido e tivemos ocasións. Comparado con outros encontros o ambiente foi un pouco frío, pero a xente que veu si que apoiou o seu".
 
"Xoguei despois de moito tempo nun partido non que ou equipo fixo un bo traballo, ao nivel que se requiría e ao final xogamos un bo encontro. Foi un pouco extrano xogar sen afección aí pero unha vez que che metes non partido che esqueces un pouco, non nos influiu", valorou Juan Carlos.
 
Por último, un dos capitáns, Álex Bergantiños, cre que "foi un partido diferente nese aspecto. Unha sensación estraña, son días difíciles e excepcionais pero son medidas para erradicar esta secuela do fútbol. Eu tentei facelo o mellor posible, o non habituais rendemos a bo nivel, contentos de que o equipo compita ben e todo o mundo estea preparado para cando faga falta".