RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL FC

O Fabril FC Alevín cae na quenda de penaltis dos cuartos de final do Torneo Congalsa na Pobra

Esta fin de semana dous equipos de ANOSACANTEIRA tiveron torneo amigable.

Hoxe domingo, o Fabril FC Alevín (na foto da noticia) competiu no Torneo Internacional Congalsa que se xogou no campo da Alta na Pobra do Caramiñal.

Os fabrilistas, que eliminaron ao Real Madrid CF en oitavos de final, caeron na quenda de penaltis dos cuartos de final co Atlético Coruña Montañeros CF. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles.

Pola súa banda, un equipo benxamín do Deportivo participou onte sábado 24 de maio na Estrada no VIII Torneo Concello da Estrada.

Os xogadores citados foron os seguintes: Hugo Expósito (SDCR Narón O Freixo), David Tardío (Atlético San Pedro), Daniel Márquez (Bertamiráns FC), Rubén Romero (EFM Concello de Boiro), Iago Baamonde (EF Silleda), Xabier Lestón (EF Concello de Carnota), Leo Díaz (SRD Canido), Bryan Sousa e Raúl Sepúlveda (Atlético Arteixo), Xabier Novoa e Samuel Vázquez (UD Ourense), e Adrián Donsión (EF Lalín).

Os branquiazuis caeron na terceira fase do torneo.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría alevín
Torneo Internacional Congalsa na Alta (A Pobra do Caramiñal)
Domingo 25 de maio
Primera Fase
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Enzo Fernández -2-, Alberto Novo e Jorge Víboras) - GONDOMAR FB 0
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Enzo Fernández, Adrián Liñares, Mateo Songo'o, Andrés Valencia e Alberto Novo) - PABELLÓN OURENSE CF 1
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o) - REAL ZARAGOZA 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Alberto Novo e Álex Casado) - SD ACEA DE AMA 0

Oitavos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o) - REAL MADRID CF 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF 0. A penaltis: 1-2

Categoría benxamín
VIII Torneo Concello da Estrada no Novo Municipal
Sábado 24 de maio
Primera Fase
UD SANTA MARIÑA 1 - DEPORTIVO 0
VITORIA DE GUIMARAES 1 - DEPORTIVO 0

Segunda Fase
DEPORTIVO 1 (Iago Baamonde) - RÁPIDO DE PEREIRÓ FC 0
DEPORTIVO 0 - CD CONXO SANTIAGO 1

Tercera Fase
DEPORTIVO 0 - RC CELTA 3
DEPORTIVO 0 - VICTORIA CF 0