RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con vitoria este domingo do Orzán SD Infantil A

Esta fin de semana tiveron cita ligueira, na segunda fase da Liga Galega, os dous equipos infantís, ambos á fronte dos seus respectivos grupos.

O A (na foto da noticia) venceu (5-1) ao Bergantiños CF esta mañá na Torre e o B perdeu onte sábado por 2-1 co Silva SD no Municipal de Eirís.

Por outra banda, o choque de volta da semifinal da Liga Galega cadete entre o Orzán SD e o Victoria CF pásase ao mércores 28 de maio ás 20:00 no campo de herba artificial de Abegondo.

Na ida venceron pola mínima, 1-0, as blanquinegras.

En canto ao resto de categorías, concluíron a temporada, ademais do Dépor ABANCA B, o Orzán SD Sub-21, campión de Primera Autonómica e ascendido a Tercera Federación; e o Orzán SD Xuvenil, que acabou 3º no grupo 1º da Segunda Autonómica e está á espera de confirmación oficial do seu ascenso a Primera Autonómica.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Liga Galega cadete
Fase Final polo Título, semifinal, volta: ORZÁN SD CADETE - VICTORIA CF, o mércores 28 de maio ás 20:00 en Abegondo. Na ida: 1-0

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 8ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 5 (Valentina Fernández, Daniela Valiño, Carolina Lago, Telma García e Alba García) - BERGANTIÑOS CF 1

Grupo 2A, 8ª xornada: SILVA SD 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Sasha Abigail)