RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Sub-15, campión da Meyrin Girls Cup 2025 en Ginebra

O Orzán SD Sub-15 proclamouse en Ginebra (Suíza) campión da Meyrin Girls Cup 2025.

As orzanistas deixaron fóra da final ao Sporting CP de Portugal e tombaron na quenda de penaltis da final ao FC Sion.

O equipo estivo integrado por: Elba Agrafojo, Ángela Gómez, Lola Freire, Telma García, Amaia Sanjurjo, Patricia Fernández (do EF Concello de Boiro), Lara Vázquez, Leire Vicente, Carmen Couto, Alba García, Marta Moreno, Carolina Lago, Sonia Barbeito (do EF Concello de Boiro) e Daniela Barbanzán (do AD Nicrariense).

Finalmente, o partido de liga do Orzán SD Infantil B ante o UD Cerqueda, correspondente á 10ª e última xornada no grupo 2A da Segunda Fase da Liga Galega puxo o punto e final á temporada oficial de ANOSACANTEIRA feminina.

As orzanistas caeron por 2-1 e concluíron na 2ª posición con 19 puntos, após 6 partidos gañados, 1 empatado e 3 perdidos; e con 29 goles a favor e 17 en contra.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría sub-15
Meyrin Girls Cup 2025 en Ginebra (Suíza)
Primera Fase
Sábado 7 de xuño
ORZÁN SD SUB-15 1 (Alba García) - LANCY FC 0
YVERDON SPORT FC 0 - ORZÁN SD SUB-15 6 (Marta Moreno -2-, Telma García, Carmen Couto, Alba García e Daniela Barbanzán)
ORZÁN SD SUB-15 5 (Alba García -2-, Lola Freire, Daniela Barbanzán e Marta Moreno) - AS LAUSANNE NORD ACADEMY 0

Segunda Fase
ORZÁN SD SUB-15 1 (Patricia Fernández) - MONTREUIL FC 0
FC SION 1 - ORZÁN SD SUB-15 0

Domingo 8 de xuño
ORZÁN SD SUB-15 7 (Alba García, Telma García, Carmen Couto, Daniela Barbanzán, Patricia Fernández e Sonia Barbeito -2-) - FC PLAN-les-OUATES '1930' 0

Semifinais
ORZÁN SD SUB-15 0 - SPORTING CP 0. A penaltis: 2-1

Final
ORZÁN SD SUB-15 0 - FC SION 0. A penaltis: 3-2

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 2A, 10ª xornada (última): UD CERQUEDA 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Nerea Cruz)