RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pablo Amo, ao Deportivo. Manel ao Sporting

A Deportivo ficha a Pablo Amo e na mesma operación Manel recala no Sporting de Xixón. Augusto César Lendoiro compareceu ante os medios de comunicación para explicar que esta incorporación foi unha petición do propio Irureta sobre todo tras a lesión de And

Pablo Amo ten 24 anos e militou nos equipos inferiores do Moscardó, Sporting B (1997-99) e Sporting (desde 1999).

Augusto César Lendoiro explicou que agora se está pendente de pechar o acordo cos xogadores, Amo e Manel.

José Manuel
O xogador ampliou o seu contrato co Deportivo por unha campaña, polo que ademais desta tempada, na que militará cedido no Hannover, réstanlle aínda outras dúas máis de contrato.

Changui
O presidente do Deportivo afirmou "é unha pena que o xogador non queira xogar nun equipo como o Sturm Graz" e engadiu "o Deportivo non vai consentir que un xogador se estante e hoxe en día non está o mercado como para rexeitar ofertas".