RCD / NOVAS

Parte médico de Bruno Gama

29/11/2016 17:57

Bruno Gama foi sometido hoxe martes a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias coas que finalizou o partido do pasado sábado na Rosaleda. Os Servizos Médicos do RC Deportivo detectaron no atacante deportivista unha lesión de grao 2 no terzo medio do bíceps femoral esquerdo.

Estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, segundo evolución, iniciar acto seguido a etapa de readaptación deportiva ás ordes do readaptador Fran Molano.

Máis novas de: BRUNO GAMA