RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera fai autocrítica: "Temos moito que mellorar, eu o primeiro"

Pedro Mosquera, un dos capitáns do Deportivo, pasouse esta mañá pola sala de prensa de Riazor, nada máis concluír a sesión de adestramento. Cualifica como "moi importante" o partido de Málaga deste sábado 26 de novembro (13.00 horas, Bein Sports), porque "estamos abaixo na clasificación, non estamos en descenso pero necesitamos xa o tres puntos".

Confesa que no vestiario "a xente está positiva e con ganas de chegar a Málaga a sacar o tres puntos. Fannos falta e darnos unha alegría a todos".

Ao técnico deportivista Gaizka Garitano veo "traballando coa mesma actitude tanto cando gañamos como cando perdemos. Tentar mellorar as cousas que podamos mellorar, tentar animarnos e corrixir eses erros que nos poidan estar a penalizar bastante".

Sobre o partido do outro día ante o Sevilla, Mosquera apunta que "o fútbol se decide en detalles e foron eses detalles os que nos levaron a polo menos non sumar un punto".

Respecto das arbitraxes, o centrocampista coruñés foi contundente: "Equivocariámonos/Equivocariámosnos se lle botásemos a culpa só aos árbitros. Nós temos moito que mellorar, eu o primeiro. Equivocáronse na nosa contra. Temos que mirarnos a nós mesmos, ver o que temos que mellorar colectiva e individualmente e centrarnos niso. Se hai xente no Club que se está dedicando a tentar axudarnos desa maneira, benvido sexa".

Pide Mosquera "ser máis descarados con balón, ter un pouco máis de protagonismo. É o que estamos a tentar". "Chegamos e cústanos manter o balón arriba. Perdémolo moi rápido. O outro día contra o Sevilla durounos o balón pouco e métesche nunha situación de estar a defender moito tempo e ao final estás afogado de correr detrás do balón. Son cousas que temos que mellorar, sabémolo", explica.

Neste sentido, recalca que "con 2-0 o equipo tiña que ser un pouco máis maduro e manexar estas situacións. Perder un pouco máis de tempo..."

Do Málaga, próximo rival, opina que "é un bo equipo. Teñen varios sancionados, algún lesionado. Nós tamén temos. Non creo que sexa determinante. Imos ter que dar o cento por cento porque é un bo equipo, ten bos xogadores e vai ser un partido moi difícil".