RCD / NOVAS

Pedro Sánchez, novo xogador do Deportivo

28/06/2018 12:35

Pedro Antonio Sánchez Moñino (Aspe, Alacante, 12 de decembro de 1986) é, após superar o recoñecemento médico e pechar toda a documentación, novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas.

Formado nas categorías inferiores do Alacante CF, debutou en 2008 no primeiro equipo branquiazul. Ao finalizar esa temporada comezou o seu periplo polo fútbol español, que o levou ao Real Murcia (2009-2012), ao Córdoba CF (2012-2014), Real Zaragoza (2014-2016), Elche (2016-2017) e Granada CF a pasada temporada.

Na súa traxectoria acumula 300 partidos en LaLiga 1|2|3, 8 de promoción de ascenso e 11 na Copa do Rei, con 42 goles e 37 asistencias.

Máis novas de: PEDRO SÁNCHEZ

RCD / Vídeo