RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel afirma que "o Dépor fixo un equipo para traballar con ilusión"

Pepe Mel agradeceu esta mañá publicamente, en rolda de prensa en Abegondo, o traballo do Director Deportivo, Richard Barral, neste mercado de verán e especialmente na incorporación o último día do internacional romanés Costel Pantilimon: "Richard (Barral) fixo un traballo fantástico porque o poder de reacción era moi limitado. A situación económica nese aspecto tamén era limitada. É para felicitarlle polo poder de reacción que tivemos, neste caso el. O bo traballo que fixo podendo sacar ao porteiro do Watford. Non era unha situación sinxela".

Da chegada de Lucas, afirmou o técnico deportivista que "era un empeño persoal tamén do Presidente. El tiña toda a certeza que ía vir. Ao final conseguiuno como eu vos dixen. Estaba tranquilo porque de momento Tino me demostrou que é unha persoa que traballa moi ben e cando ten algo metido na cabeza ao final conségueo".

Mostrouse "contento co equipo que ao final o Dépor confeccionou. É un equipo para traballar con ilusión. Pechado o mercado, depende dos profesionais, para que todo salga ben". "Contento co cadro en xeral, temos un equipo para traballar ben, para ter alternativas. Depende do noso traballo, do corpo técnico, a traballar con ilusión e sacarlles o cento por cento aos xogadores", engadiu.

Nesta liña, Pepe Mel insiste en que "o noso obxectivo é aspirar ao máximo. Pero non porque o cadro estea pechado xa e esteamos contentos. Os que eramos antes tamén. Temos que responder as esixencias que ten este Club e as esixencias teñen que ser sempre de equipo gañador. O adestrador está contento, cómodo e a gusto co cadro que ten. Depende do meu traballo sacarlle o maior froito posible. Non me escondo. Sei que o Club fixo o esforzo, a Secretaría Técnica, con Richard á cabeza, fixo un bo traballo. Agora tócame a min".

Por este motivo, asegura o adestrador madrileño que "teño o suficiente cadro entre as mans como para facer unha temporada digna. Unha temporada digna é que xamais debemos estar pendentes dos apuros do pasado, e que queden niso, no pasado. Os futbolistas deben dar o cento por cento cada un do que leve dentro".

Explica as virtudes da tripulación do Dépor 2017-2018: "Teño velocidade, teño un contra un, teño bos pasadores, teño oito bos defensas. Estou contento na portería. Ademais o Fabril ofrécenos opcións en caso de problemas. Hai un bo centro do campo. É traballo do adestrador sacarlle mollo a todo isto".

Nomea a mariñeiros, por exemplo "Adrián, Andone e Lucas dannos moitas opcións. Estou contento con que quede Borja Valle, que está a traballar francamente ben, con Fede Cartabia, Bakkali que nos dan diferentes cousas, Bruno que fixo unha pretemporada excepcional e fixo un bo comezo de liga, a posibilidade de ter a Pedro (Mosquera), Guilhe, Celso (Borges) e Valverde. É un cadro que é para, como adestrador, irche tranquilo coa presión de ser adestrador e co problema que vou ter de deixar todos os fins de semana a sete futbolistas fóra da lista e outro sete fóra do once".

Ve "fundamental" a xestión da tripulación, "pero tamén é fundamental o compromiso de grupo, o bo profesional que teñen que ser os integrantes do cadro. Todo o mundo ten a mesma ilusión cando chega o luns. O sábado cando dea a lista haberá sete desencantados. E aí vén o xestionar o grupo".