RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Estou tranquilo co equipo que teño, compite ben"

Pepe Mel, en sala de prensa, argumentou que o partido desta noite no Estadio ABANCA-RIAZOR resolveuse "na diferenza nas áreas. O Madrid tiña moito máis balón, algo que nós xa sabiamos. As dúas primeiras ocasións claras, con 0-0, eran nosas. A diferenza estivo nas áreas. Nós tivemos catro ou cinco claras e o Real Madrid non necesita tantas".

Preguntado sobre os posibles reforzos para pechar o cadro, o técnico deportivista lembrou que o mercado non está pechado, e deixou claro que "estou contento coa xente que teño. Estou tranquilo co equipo que teño á miña disposición, compiten ben. O que pasa que hoxe enfronte tiña ao mellor do mundo, ao campión da Champions. O primeiro gol fíxonos dano porque tiñamos que ir a remolque e o plan torcíasenos".

Pola súa banda, Zinedine Zidane, adestrador do Real Madrid, mostrouse "contento co partido que fixemos todos e non contento co que pasou con Sergio Ramos".