RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Planificación semanal de adestramentos do Dépor

Tras o partido ante Osasuna, o Deportivo adestrarase de novo en Abegondo o luns 19 de decembro ás 10.30 horas, nunha sesión que será máis suave para os que foron titulares fronte ao conxunto navarro.

O equipo afronta este mércores 21 de decembro ás 21.00 horas o partido de volta de dezaseisavos de final da Copa do Rey, en Riazor ante o Betis.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 19 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Martes 20 de decembro
17.30: Adestramento en Abegondo

Mércores 21 de decembro
21.00: Deportivo - Betis (Copa do Rey)