RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira cita para Celso Borges e Costa Rica na Copa de Ouro da CONCACAF

- Foto: @fedefutbolcrc -

A selección de Guadalupe, clasificada da fase preliminar, será o primeiro rival da Costa Rica de Celso Borges no grupo C da Copa de Ouro da CONCACAF.

O partido, que se xogará no Exploria Stadium de Orlando (Estados Unidos) como o resto dos deste grupo, arrancará ás 21:00 (hora local, 3:00 de mañá martes 13 de xullo en España).

Para este torneo continental, equivalente á Eurocopa ou á Copa América, o combinado 'tico' verallas tamén con Xamaica e Surinam.

O calendario de Costa Rica é o seguinte:

Luns 12 de xullo (21:00 hora local, 3:00 do martes 13 en España)
COSTA RICA - GUADALUPE

Venres 16 de xullo (20:30 hora local, 2:30 do sábado 17 en España)
SURINAM - COSTA RICA

Martes 20 de xullo (19:00 hora local, 1:00 do mércores 21 en España)
COSTA RICA - XAMAICA