RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Primeiro amigable confirmado do Deportivo ABANCA, a finais de agosto en Braga ante o campión luso

O Deportivo ABANCA xa ten o seu primeiro amigable de pretemporada pechado. Será o sábado 31 de agosto, unha semana antes de que arrinque a Liga Iberdrola, na cidade de Braga (Portugal) ante o SC Braga, actual campión da liga lusa.

O verán pasado, as portuguesas visitaron Abegondo, nun partido igualado aínda que decidido pola maior pegada do SC Braga (0-3).

O Deportivo ABANCA arrinca a pretemporada o vindeiro luns 22 de xullo. Até a data, o cadro que dirixe Manu Sánchez realizou 4 incorporacións: Esther Sullastres, María Méndez, Noelia Villegas e María Isabel "Misa".